Actividades

Actividades de carácter xeral que teñen lugar no Centro.

Rosalía de Castro

Lectura de Poemas

O vindeiro martes, 24 de febreiro, con motivo do aniversario do nacemento de Rosalía de Castro, faremos unha lectura de poemas na Biblioteca do noso Centro, entre as 11.30 e as 12.00 horas.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Doces de Entroido

Doces de Entroido

O vindeiro venres ás 11.30 da mañán, no recibidor do noso Centro, trae doces para compartir e celebrar o Entroido: filloas, orellas, rosquillas, follas de limón...

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Xornadas Electricidade e Electrónica

Tarifas Eléctricas

Os días 11 e 12 de febreiro desenvolverase unha actividade formativa relacionada con tarifas eléctricas. Esta actividade será impartida polo departamento técnico de UDESA (Unión Distribuidores Electricidad S.A.https://www.udesa.net/   e está dirixida aó alumnado de segundo curso do ciclo superior de Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.

No seguinte enlace pódese consultar máis información relacionada con esta actividade:

Enlace á actividade “TARIFAS ELÉCTRICAS”.

O Máxico Arrecendo e outras historias

O Máxico Arrecendo e outras historias

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o vindeiro luns, 9 de febreiro, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de Banda Deseñada de Fran Bueno "O Máxico Arrecendo e outras historias".

Semana de Portas Abertas 2015

Dende o CIFP Politécnico de Santiago comprácenos invitar ao alumnado dos últimos cursos da ESO e Bacharelato a realizar unha visita ao noso centro educativo, para que coñeza máis de cerca a Formación Profesional e vexan nela una alternativa máis de formación.

Páxinas