Actividades

Actividades de carácter xeral que teñen lugar no Centro.

Celebración do Concurso de Xóvenes Instaladores

Fase provincial da XV edición do concurso de xóvenes instaladores eléctricos

Hoxe estase a celebrar a XV edición do concurso de xóvenes instaladores eléctricos, na que participa o alumno do CIFP Politécnico de Santiago, Esteban Romero Liñares.

Letras Galegas 2018

Xa temos as palabras máis fermosas do Galego

Durante o mes de maio votamos para escoller a palabra máis fermosa do Galego.

Letras Galegas 2018

Lecturas de María Victoria Moreno

Onte fixemos unha homenaxe a María Victoria Moreno, escritora homenaxeada no día das Letras Galegas 2018, consistente na lectura dunha selección de textos da súa bibliografía máis representativa.

Maleta para a igualdade

Colección de 42 títulos con obras de narrativa, poesía, teatro, banda deseñada, ensaio e divulgación

Trátase dun recurso bibliográfico formado por libros de lectura para o alumnado de secundaria e mais para o profesorado. A súa finalidade é fornecer os centros dun recurso que poida contribuír a traballar sobre a corresponsabilidade, a diversidade, o empoderamento, os estereotipos, o feminismo, a historia das mulleres, a identidade, as relacións de parella, a violencia de xénero...

Letras Galegas 2018

Actuación de Serafín Marcos

Este luns, 21 de marzo, recibimos no noso centro a visita de Serafín Marcos, quen nos ofreceu o monólogo "Unha historia de amor".

Club de Lectura

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que faremos a última reunión do curso na cafetería do centro o mércores, 20 de xuño de 11:30 a 12:30.

Visita do CEIP de Sigüeiro

Programa Eduemprende-Atrévete

Para pechar as visitas de centros dentro do programa Eduemprende Atrévete, recibimos este pasado venres 4 de maio a 49 alumn@s do CEIP de Sigüeiro.

Celebración de Conferencia: "Materiais si pero, sobre todo, sentidiño."

Don Alfonso J. Vázquez Vaamonde, Profesor Investigador do CSIC

Organizada polo Departamento de Química e o Equipo de Dinamización da Lingua Galega, tivo lugar unha conferencia sobre materiais impartida polo profesor investigador do CSIC don Alfonso J. Vázquez Vaamonde o día 14 de maio de 2018.

Celebración dos talleres de Primeiros Auxilios

Destinado ao alumnado de primeiro de todos os ciclos formativos

O alumnado de primeiro curso de todos os ciclos formativos participou os días 4, 7 e 8 de maio nos talleres de primeiros auxilios que foron organizados polo Departamento de FOL e impartidos por persoal de Cruz Vermella de Santiago.

Con motivo das letras galegas 2018

Con motivo da celebración do día das letras galegas, Serafín Marcos, ás 10.30 do luns 21 de maio representará un monólogo que leva por título "Unha historia de amor" e faremos unha lectura de textos de María Victoria Moreno o mércores 23 de maio ás 11.30 horas.

Páxinas