ACTIVIDADE FORMATIVA

Desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria,a través de EduEmprende, desenvolverase o vindeiro luns 20 de febrero unha actividade formativa para alumnado diverso de diferentes centros da comarca.

Na actividade que leva por título “Actitudes e habilidades para o éxito”, traballaránse actitudes como o optimismo para convertir os problemas en oportunidades, creatividade para buscar solucións diferentes que se adapten aos novos retos e desafíos, traballo en equipo para aprender a traballar con persoas e exercer un novo liderazgo.

Será impartida por Alejandra Sánchez Barge, Directora de Consultoría de Bével Consultores en horario de 10.00 a 13.00.

Día e hora do evento: 
luns, 20 Febreiro, 2017 - 10:00 a 13:00