ACREDITACION 2017: Fase de asesoramento. Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal

ACREDITACION 2017

Fase de asesoramento. Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 29 de marzo de 2017, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 28 de decembro de 2016 (DOG do 12 de xaneiro de 2017) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

En aplicación do artigo 13.3 "A convocatoria para a primeira reunión grupal realizarase mediante a súa publicación na páxina web da sede onde se desenvolva o procedemento e na páxina www.edu.xunta.es/fp da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e terá efectos de notificación ás persoas interesadas. Asemade a data da reunión reflectirase no expediente do candidato na aplicación informática de xestión do procedemento" da citada Orde, procédese a publicación das datas da primeira reunión grupal.

Pode consultar o calendario e horario para a primeira reunión grupal na seguinte ligazón.

Descargue a súa convocatoria para a reunión de grupo na sede CIFP Politécnico de Santiago premendo sobre a seguinte ligazón.

 

TAXAS FASE ASESORAMENTO:

Recorde que nesta primeira reunión deberá presentar o xustificante do pago da fase de asesoramento. Para máis información consulte a páxina Taxas para ver as posibles excepcións ou a páxina de inicio da aplicación informática de xestión do procedemento.

Exemplo de cómo cumprimentar o impreso de pago de taxas para a fase de asesoramento.

Pode consultar toda a información no seguinte enderezo.

Share this post