ACREDITACION 2016: Fase de asesoramento. Datas e lugares da primeira reunión (grupal)

ACREDITACION 2016

Fase de asesoramento. Datas e lugares da primeira reunión (grupal)

Publicadas as listaxes de de persoas admitidas e excluídas, con data 11 de abril de 2016, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 23 de decembro de 2015 (DOG do 8 de xaneiro de 2016) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

En aplicación do artigo 13.3 "A convocatoria para a primeira reunión grupal realizarase mediante a súa publicación na páxina web da sede onde se desenvolva o procedemento e na páxina www.edu.xunta.es/fp da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e terá efectos de notificación ás persoas interesadas. Asemade a data da reunión reflectirase no expediente do candidato na aplicación informática de xestión do procedemento" da citada Orde, procédese a publicación das datas da primeira reunión grupal.

Pode consultar o calendario e horario para a primeira reunión grupal na seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6508

Descargue a súa convocatoria premendo sobre a correspondente ligazón:

- Electricidade e Electrónica
- Fabricación Mecánica
- Química
- Transporte e Mantemento de Vehículos

Recorde que nesta primeira reunión deberá presentar o xustificante do pago da fase de asesoramento (para máis información consulte a páxina Taxas para ver as posibles excepcións).

Share this post