NOVO: Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de admitidos e excluídos - Convocatoria 2015

NOVO: Acreditación de competencias. Listaxes definitivas de admitidos e excluídos - Convocatoria 2015

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2015.

Contra as listaxes definitivas publicadas vostede pode presentar recurso de alzada perante o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segundo o establecido nos Artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pode empregar a aplicación para xerar o escrito de recurso no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>>, e presentalo nun rexistro da Comunidade Autónoma.

Nas listaxes definitivas figurarán as persoas solicitantes agrupadas sede, ciclo formativo, unidade de competencia e estado.

A continuación atopará os enlaces ás listaxes definitivas de admitidos e excluídos e a listaxe definitiva de persoas excluídas por non ter emendado a documentación.

-Listaxe definitiva de admitidos e excluídos
-Listaxe definitiva de persoas excluídas por non ter emendado a documentación

Para máis información pode consultar as seguintes webs:

https://www.edu.xunta.es/fp/acreditacion
https://www.edu.xunta.es/fp/definitivas-admitidos-acreditacion-2015

Share this post