Acreditación de Competencias
Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2019.
Prazo para realizar reclamacións: do 14 ao 19 de marzo de 2019, ambos os dous incluídos.
Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.
Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>>– e posteriormente entregala na sede onde está inscrito para realizar o procedemento ou por correo segundo o establecido.
Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.
15015767 - CIFP Politécnico de Santiago
Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas:
https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8034
Listaxe provisional de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria:
https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/8054
Pode consultar toda a información no seguinte enderezo:
https://www.edu.xunta.es/fp/provisionais-admitidos-excluidos-acreditacion-2019