Listaxes provisionais

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018. Data de publicación: 13.03.2018

Prazo para realizar reclamacións: do 14 ao 19 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

 

Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente entregala na sede onde está inscrito para realizar o procedemento ou por correo segundo o establecido.

 

Nas seguintes ligazóns podes descargar as listaxes provisionais nas que figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia correspondentes á sede CIFP Politécnico de Santiago..

Listaxe provisional de persoas admitidas e excluídas: https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7482
Listaxe provisional de persoas excluídas por non cumprir os requisitos da convocatoria: https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7503

 

Podes consultar toda a información nos seguintes enderezos:

Información xeral: https://www.edu.xunta.es/fp/convocatoria-2018-acreditacion
Listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas: https://www.edu.xunta.es/fp/node/14382