Listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non cumprir os requisitos para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018. Data de publicación: 04.04.2018

 

Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes dende o día seguinte ao de publicación das listaxes definitivas, que se deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo para realizar un recurso de alzada: do 5 de abril ao 4 de mayo de 2018, ambos os dous incluídos.

 

Procedemento para presentar o recurso de alzada: Débese xerar un recurso de alzada no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>>, e posteriormente entregalo nun rexistro ou por correo, segundo o establecido na normativa.

 

Nas listaxes definitivas figuran as persoas admitidas e/ou excluídas agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

No seguinte enlace pode consultar as listaxes definitivas correspondentes a esta sede: 15015767 - CIFP Politécnico de Santiago

Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas: https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7534

Pode consultar toda a información no seguinte enderezo: https://www.edu.xunta.es/fp/convocatoria-2018-acreditacion