Acreditación de competencias. Listaxes provisionais. Convocatoria 2017

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais. Convocatoria 2017  

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017.

Prazo para realizar reclamacións: do 11 ao 15 de marzo de 2017, ambos os dous incluídos.
Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente entregala na sede onde está inscrito para realizar o procedemento ou por correo segundo o establecido.
Nas listaxes provisionais figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

Listaxes provisionais CIFP Politécnico de Santiago:
Listaxe provisional de admitidos e excluídos: https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6990
Listaxe provisional de persoas excluídas por non ter emendado a documentación: https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7008

Pode consultar toda a información no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.es/fp/provisionais-admitidos-excluidos-acreditacion-2017

Share this post