Acreditación de competencias 2017. Listaxes definitivas de admitidos e excluídos

Acreditación de competencias 2017. Listaxes definitivas de admitidos e excluídos  

Publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017.

Data de publicación: 29.03.2017

 Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes dende o día seguinte ao de publicación das listaxes definitivas, que se deberá presentar nos lugares sinalados no artigo 16 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Prazo para realizar un recurso de alzada: do 30 de marzo ao 29 de abril de 2017, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar o recursos de alzada reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>>, e posteriormente entregala nun rexistro ou por correo, segundo o establecido na normativa mencionada.

Nas listaxes definitivas figuran as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

15015767 - CIFP Politécnico de Santiago

Listaxe definitiva de admitidos e excluídos
Listaxe definitiva de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente

Podes consultar esta información no seguinte enderezo.

Share this post