Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2017

Acreditación de competencias. Listaxes de solicitantes. Convocatoria 2017 

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017, con data do 15 de febreiro de 2017.

As persoas que  figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación achegada coa súa solicitude poden coñecer os erros detectados na súa solicitude na ligazón www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Edición de solicitudes e consulta de expedientes>> –indicando o número da súa solicitude e o seu PIN–, ou tamén na sede onde presentou a solicitude.

As persoas que figuran na listaxe de solicitantes maiores de 25 anos que non poidan xustificar a documentación esixida deben coñecer que a súa solicitude e a súa documentación vai ser analizada pola comisión coordinadora do procedemento de acreditación de competencias.

Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencias solicitadas coinciden coas da listaxe. Se detecta algún erro debe presentar unha reclamación.

Se non figura en ningunha listaxe, cargou a súa solicitude na aplicación dispoñible en www.edu.xunta.es/acreditacion e entregou a documentación nalgunha sede, poderá presentar reclamación na mesma sede.

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do xoves día 16 ao sábado día 25 de febreiro de 2017, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente remitila á sede onde entregou a súa solicitude.

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación, solicitantes que precisan emendar a documentación ou solicitantes maiores de 25 anos que non xustifican a documentación agrupadas polo Centro Integrado de Formación Profesional (CIFP) sede de participación.

15015767 - CIFP Politécnico de Santiago

Solicitantes con documentación apta para ser baremada
https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6942

Solicitantes que precisan emendar a súa documentación
https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6959

Pode consultar toda a información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/fp/solicitantes-acreditacion-2017

Share this post