ACREDITACIÓN 2016. PAGAMENTO DE TAXAS

ACREDITACIÓN 2016. PAGAMENTO DE TAXAS

Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación, a persoa candidata que saia admitida nas listaxes definitivas de admitidos e excluídos terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases.

A non presentación dos xustificantes de taxas en tempo e forma procedentes supoñerá a exclusión do aspirante.

Comunícase que na páxina de inicio da aplicación informática https://www.edu.xunta.es/acreditacion foi incorporada información acerca das taxas e tamén un modelo cuberto cos códigos e taxas para o asesoramento.

No seguinte enderezo pode consultar un modelo cuberto cos códigos e taxas para o asesoramento:

https://www.edu.xunta.es/axudaplicacion/files/acreditacion/Formulario_Taxas_Asesoramento.pdf

Pode consultar máis información no seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/fp/pagamento-taxas



Share this post