Acreditación de competencias. Listaxes provisionais de admitidos e excluídos. Convocatoria 2016

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais de admitidos e excluídos. Convocatoria 2016  

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter presentado a documentación de emenda no prazo establecido para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2016.

14.03.2016

Prazo para realizar reclamacións: do 15 ao 19 de marzo de 2016, ámbolos dous incluídos.

Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente entregala na sede onde entregou a súa solicitude.

Nas listaxes provisionais figurarán as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

Listaxes provisionais de admitidos e excluídos:

Sede: 15015767 - CIFP Politécnico de Santiago

Listaxe provisional de admitidos e excluídos
Listaxe provisional de persoas excluídas por non ter emendado a documentación

Pode consultar toda a información no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.es/fp/provisionais-admitidos-excluidos-acreditacion-2016

Share this post