Acreditación de competencias 2016. Publicación das Listaxes definitivas de admitidos e excluídos

Acreditación de competencias 2016. Publicación das Listaxes definitivas de admitidos e excluídos 

Con data 11-04-2016 publícanse as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas e de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2016.

Contra as listaxes definitivas publicadas vostede pode presentar recurso de alzada perante o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria segundo o establecido nos Artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Pode empregar a aplicación para xerar o escrito de recurso no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>>, e presentalo nun rexistro da Comunidade Autónoma.

Nos seguintes enlaces pode acceder as listaxes definitivas correspondentes á sede 15015767 CIFP Politécnico de Santiago:

- Listaxe definitiva de persoas admitidas e excluídas por unidade de competencia:

https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6469

- Excluídos por non achegar documentación válida suficiente para participar no procedemento:

https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/6488

Pode consultar toda a información no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.es/fp/convocatoria-2016-acreditacion

Share this post