NOVO: Acreditación de competencias 2015. Fase de asesoramento. Datas e lugares da primeira reunión (grupal)

NOVO: Acreditación de competencias 2015

Fase de asesoramento. Datas e lugares da primeira reunión (grupal)

Publicadas as listaxes de de persoas admitidas e excluídas, con data 10 de abril de 2015, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 16 de decembro de 2014 (DOG do 2 de xaneiro de 2015) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

En aplicación do artigo 13.3 "A convocatoria para a primeira reunión grupal realizarase mediante a súa publicación na páxina web da sede onde se desenvolva o procedemento e na páxina www.edu.xunta.es/fp da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e terá efectos de notificación ás persoas interesadas. Asemade a data da reunión reflectirase no expediente do candidato na aplicación informática de xestión do procedemento" da citada Orde, procédese a publicación das datas da primeira reunión grupal.

IMPORTANTE: Recorde que nesta primeira reunión deberá presentar o xustificante do pago da fase de asesoramento. Para máis información relacionado coas Taxas e as posibles exencións pode consultar o seguinte ligazón:

https://www.edu.xunta.es/fp/pagamento-taxas

CALENDARIO E  HORARIO DA PRIMEIRA REUNIÓN GRUPAL NESTA SEDE:

Pode consultar  as convocatorias para a primeira reunión grupal nesta sede e para cada familia profesional,  na seguinte ligazón:

ElectricidadeElectronica_AsesoramentoConvocatoriaReunionGrupo

FabricacionMecanica_AsesoramentoConvocatoriaReunionGrupo

Quimica_AsesoramentoConvocatoriaReunionGrupo

TransporteMantementoVehiculos_AsesoramentoConvocatoriaReunionGrupo

Para máis información pódese consultar o seguinte enlace:

https://www.edu.xunta.es/fp/fase-asesoramento-2015

Share this post