Acreditación de competencias. Listaxes provisionais de admitidos e excluídos. Convocatoria 2015

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais de admitidos e excluídos. Convocatoria 2015

Con data 19 de marzo de 2015 publícanse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter presentado a documentación de emenda no prazo establecido para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2015.

Prazo para realizar reclamacións: do 20 ao 24 de marzo de 2015, ámbolos dous incluídos.

Se vostede atopa algunha incidencia ou non está de acordo coas listaxes, debe realizar unha reclamación segundo o procedemento que se indica a continuación.

Procedemento para presentar a reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente entregala na sede onde entregou a súa solicitude.

Nas listaxes provisionais figurarán as persoas solicitantes agrupadas por ciclo formativo e unidade de competencia.

- Listaxe provisional de admitidos e excluídos CIFP Politécnico de Santiago
- Listaxe provisional de persoas excluídas por non ter emendado a documentación CIFP Politécnico de Santiago:

Para máis información pode consultar a seguinte web:

https://www.edu.xunta.es/fp/provisionais-admitidos-excluidos-acreditacion-2015

Share this post