Listaxes de solicitantes

Publicación das listaxes de solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2018, con data do 20 de febreiro de 2018.

 

As persoas que  figuran na listaxe de solicitantes que precisan emendar a documentación achegada coa súa solicitude poden coñecer os erros detectados na súa solicitude na ligazón www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Edición de solicitudes e consulta de expedientes>> –indicando o número da súa solicitude e o seu PIN–, ou tamén na sede onde presentou a solicitude.

Para todas as listaxes, independentemente da listaxe na que figure, debe verificar que os datos persoais ou as unidades de competencia solicitadas coinciden coas da listaxe. Se detecta algún erro debe presentar unha reclamación.

Se non figura en ningunha listaxe, cargou a súa solicitude na aplicación dispoñible en www.edu.xunta.es/acreditacion e entregou a documentación nalgunha sede, poderá presentar reclamación na mesma sede.

 

O prazo para presentar emenda de documentación ou reclamación será do mércores día 21 de febreiro ao venres día 2 de marzo de 2018, ambos os dous incluídos.

Procedemento para presentar emenda de documentación ou reclamación: Débese xerar unha solicitude de emenda ou reclamación no enderezo www.edu.xunta.es/acreditacion, no menú <<Xestión de emendas e de reclamacións>> – e posteriormente remitila á sede onde entregou a súa solicitude.

 

A continuación atopará as listaxes de solicitantes que non precisan emendar a documentación, solicitantes que precisan emendar a documentación:

Solicitantes con documentación apta para ser baremada:

https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7423

Solicitantes que necesitan emendar a súa documentación ou que presentan incompatibilidades:

https://www.edu.xunta.es/fp/webfm_send/7443

Podes consultar toda a información no seguinte enderezo:

https://www.edu.xunta.es/fp/solicitantes-acreditacion-2018