O XOVES, 24 de setembro, continuarán as sesións de acollida co alumnado de segundo curso dos distintos ciclos formativos de mañá e de tarde, os ciclos formativos a distancia ou semipresenciais e os ciclos formativos duais de tarde. Haberá distintos horarios segundo a familia profesional. Por favor, consulten o cartaz adxunto. Estas sesións de acollida terán continuación o día 25 de setembro co ciclo de FP BÁSICA de Carpintaría e moble.

NOTA: Este centro non dispón de zonas de aparcamento de vehículos para o alumnado, pero nas proximidades do edificio existe un amplo aparcadoiro gratuito (Área de Libre Estacionamento Santa Marta) no que poderás deixar o vehículo.

Día e hora do evento: 
xoves, 24 Setembro, 2020 (All day)