O mércores, 23 de setembro, darán comezo as actividades lectivas no noso Centro coa acollida do alumnado de primeiro curso dos distintos ciclos formativos de mañá e de tarde e os ciclos formativos duais de mañá. Haberá distintos horarios segundo a familia profesional. Por favor, consulten o cartaz adxunto. Estas sesións de acollida terán continuación os días 24 e 25 de setembro cos restantes cursos e ciclos formativos.

NOTA: Este centro non dispón de zonas de aparcamento de vehículos para o alumnado, pero nas proximidades do edificio existe un amplo aparcadoiro gratuito (Área de Libre Estacionamento Santa Marta) no que poderás deixar o vehículo.

Día e hora do evento: 
mércores, 23 Setembro, 2020 (All day)