II Concurso de Emprendedores Aprendeafinanciarte.com

II Concurso de Emprendedores Aprendeafinanciarte.com

Coa finalidade de impulsar o emprego e as ideas creativas, a Cámara de Comercio de Santiago de Compostela lanza o II Concurso de Emprendedores Aprendeafinanciarte.com na comunidade de Galicia, contribuíndo cun premio de 3.000€ ao mellor proxecto innovador, dando a coñecer novos proxectos e axudando a convertelos nunha realidade.

Para participar requírese  ter unha idea innovadora e enviar un vídeo presentándoa.

O proxecto  máis votado pode chegar a participar na gran final nacional de Madrid!

En breve comezará o proceso e poñerase información completa na páxina da Cámara de Comercio de Santiago.

Share this post