II Encontro InspiraTlCs e II Concurso Proyecta Innovación

II Encontro InspiraTICs  e II Concurso Proyecta  Innovación

O II lnspiraTlCs, un encontro para profesores de toda Galicia, aspira a ser un espazo no que un bo número de profesionais da educación se acheguen a novas ferramentas dixitais que enriquezan o seu labor docente, ademais dun lugar para compartir as súas propias experiencias.

Pola súa banda, o II Concurso Proyecta lnnovación ten como obxectivo facer realidade proxectos educativos que impulsen a innovación a través do uso das TlCs nas aulas dos centros escotares galegos.

O programa do encontro lnspiraTlCs, que terá lugar o xoves 5 de marzo en horario de tarde, podédelo encontrar na páxina web www.plataformaproyecta.org . A inscrición está aberta ata o luns día 2 de marzo ás 19:00 horas. Pola súa banda, a contía dos premios do II Concurso Proyecta lnnovación ascende a 20.000 € e o prazo para inscribirse remata o 17 de abril.

O concurso está aberto a profesores de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, bacharelato e formación profesional de calquera centro escolar de Galicia que teñan unha boa idea para renovar a aprendizaxe na aula utilizando as Tics. Podedes acceder a máis información na páxina web antes indicada.

Share this post