Tarifas Eléctricas

Este martes, 7 de novembro, desenvolverase unha actividade formativa relacionada con tarifas eléctricas.

Data Prevista: 7-11-2017

Horario: 8.30 a 15.00 (Descanso de 11:30 a 12:00)

Lugar: CIFP POLITÉCNICO DE SANTIAGO - AULA SCHNEIDER

Impartida por:    David Castro.

Dpto. Técnico.  U.D.E.S.A.
dtecnico2@udesa.net
Rua Jose Angel Valente, nº 17 – Bajo B
15706 Santiago de Compostela
Tf: 981561204
Tf: 634912751
Fax: 981573881

OBXECTIVOS:

1. Identificar a estrutura do mercado eléctrico.
2. Estrutura e compoñentes da factura eléctrica.
3. Identificar as diferentes tarifas eléctricas existentes no mercado (PVPC e Mercado Libre) e a normativa de aplicación.
4. Interpretar facturas eléctricas (BT en vivendas, BT locais comerciais e industrias, AT).
5. Analizar facturas de diversas comercializadoras.
6. Identificar os criterios a seguir para elixir a tarifa que mellor se adapte ó perfil de consumo para propiciar o aforro.
7. Identificar os métodos de control da potencia contratada.
8. Identificar os criterios para definir a potencia a contratar.
9. Identifcar penalizacións na factura por consumo de reactiva.
10. Identificar as solucións para evitar penalizacións por consumo de reactiva.
11. Identificar  a información que aportan os contadores de enerxía.
12. Identificar a normativa sobre dereitos do usuario e prazos de execución.
13. Identificar o procedemento para realizar reclamacións relacionadas ca facturación.
14. Identificar o procedemento a seguir para:

14.1. Solicitar alta dun subministro.
14.2. Solicitar variacións na potencia contratada.

OBSERVACIÓN IMPORTANTE:    Esta actividade vai dirixida especialmente para o alumnado de  2º curso de ciclo superior  Sistemas Electrotécnicos e Automatizados.

No seguinte enlace pódese descargar esta información:

Enlace á actividade “TARIFAS ELÉCTRICAS”

Día e hora do evento: 
martes, 7 Novembro, 2017 -
08:30 a 15:00