XORNADA DE ACOLLEMENTO

As persoas matriculadas nas probas libres de módulos profesionais deberán asistir o venres 1 de xuño ás 20:00 horas no Pre-Salón de Actos á xornada de Acollemento.

  1. Os centros realizarán a baixa de oficio da matrícula da proba cando unha persoa matriculada non asista inxustificadamente á xornada de acollemento a que se refire o artigo 22.2 ou a calquera das partes en que se organiza a proba de cada módulo profesional. Para os efectos de determinación da baixa de oficio, a comisión de avaliación valorará as circunstancias na xustificación desas faltas, cuxa aceptación será acorde co establecido no correspondente regulamento de réxime interior do centro. De non presentar xustificación a súa falta nas 24 horas seguintes na Secretaria do centro, será dado de baixa na matricula de probas libres de módulos profesionais no curso
  2. Contra a resolución da baixa de oficio da matrícula, a persoa solicitante poderá presentar recurso de alzada perante o xefe ou a xefa territorial no prazo máximo dun mes a partir da súa notificación. A devandita resolución esgotará a vía administrativa.
  3. As persoas ás cales se lles aplique a baixa de oficio perderán a condición de persoa matriculada na proba, polo que non se terá en conta ningunha cualificación e non poderán presentar unha solicitude de inscrición nas probas do curso académico seguinte, e só poderán presentarse a esa convocatoria no caso de que haxa vacantes despois de resolto o proceso de admisión a que se refire artigo 10.