Retomamos o novo curso e unha das actividades programadas é a visita ao viveiro de empresas do noso centro, comezando por difundilo entre os grupos de 2º curso dos Ciclos Formativos.

O obxectivo da actividade é fomentar o emprendemento e informar dos recursos dispoñibles, facilitando a conversión dunha idea nun proxecto empresarial real.

A actividade comeza cunha presentación na aula sobre emprendemento, información dos programas de Eduemprende nos que poder participar e os servicios e instalacións do viveiro ao que poder acollerse de forma gratuíta, para a continuación visitar as instalación do mesmo.

Esta pasada semana participaron os grupos de 2º de Electromecánica de Vehículos Automóbiles, Carpínteria e Moble, Sistemas de Telecomunicacións e Informáticos e Laboratorio de Control de Calidade.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ás fotografías deste evento.