Plan de Autoprotección

Na mañán de hoxe martes, 27 de febreiro, levouse a cabo no noso centro un simulacro de evacuación conforme o establecido no noso Plan de Autoprotección.

Interviron perto de setecentas cincuenta persoas, entre alumnado, profesorado e persoal non docente, e realizouse con total normalidade e nun tempo record. Desde o persoal do centro queremos agradecer a dilixencia coa que se levou a cabo este simulacro.