Programa Eduemprende-Atrévete

Este pasado venres  06 de abril, recibimos a visita de 26 alumn@s do CEIP Apóstolo Santiago.

O motivo foi o desenvolvemento da actividade enmarcada dentro do Programa Eduemprende Atrévete, cuxo obxectivo é fomentar, motivar e sensibilizar ao alumnado de 6º primaria no espírito emprendedor.

A actividade comezou cunha charla sobre valores e  habilidades como a autoestima, o traballo en equipo, o compromiso ou a colaboración, básicos para o desenvolvemento de iniciativas emprendedoras e a vida en xeral.

Posteriormente complementouse coa intervención de Ramón Lois, xefe de producto de FINSA e secretario da asociación Área Empresarial do Tambre,  que lles falou da súa traxectoria  e o papel das empresas na sociedade, en particular da madereira.

Para concluir  poideron visitar as distintas instalacións e comprobar o que se fai en diferentes ciclos formativos.

Se premes na seguinte ligazón accederás a unhas fotos do evento.