Actividade formativa sobre propiedade intelectual

Onte recibimos a visita de Roberto Brenlla, quen impartiu unha charla sobre licenzas no salón de actos do noso centro.

Neste relatorio explicouse, entre outras cousas, como xurdiu o Software Libre e de aquí o movemento Open Source (Fontes Abertas), as licenzas Creative Commons e máis recentemente as licenzas de produtos industriais como o hardware.

O relator foi Roberto Brenlla, Economista, consultor tecnolóxico, adicado ao Software Libre desde 1997. Ten unha amplia experiencia contrastada de máis de 20 anos. Fundador dunha consultora tecnolóxica, asociacións sociais e empresariais, participou en otras, escribiu numerosos artigos, cursos e ducias de conferencias, tanto aquí como a nivel nacional e estranxeiro.

Na actualidade é Xestor-Consultor TI Independente. Tegnix é a súa marca rexistrada.

Engadimos unhas fotos deste relatorio sobre Licenzas e a súa presentación.