Proxectos de Innovación

Desenvolvemento dun adestrador de telefonía VoIP, baseado en tres Raspberry Pi funcionando en paralelo, que poida ser replicado por calquera centro educativo para complementar as custosas centrais comerciais.

Adaptación dunha aula do centro como vivenda que cumpra o regulamento ICT no seu anexo V, que recolle a eficiencia enerxética, a seguridade e o control domótico da vivenda, así como a instalación de todos os servizos recollidos nos regulamentos.
Desenvolvemento dun software que permita a utilización do adestrador a distancia, desde calquera PC, táboa ou teléfono intelixente conectado a internet.

Construción de tres prototipos de kaiaks de travesía adaptados ás necesidades propias do litoral galego e que cumpran as seguintes premisas: fabricado en madeira autóctona e epoxi, deseño propio, adaptable a diferentes usos, baixo custo de fabricación e posibilidade de comercialización e en formato kit.

Establecemento do deseño e a metodoloxía para a construción dun laboratorio de medios audiovisuais no CIFP Politécnico de Santiago accesible desde calquera PC conectado a Internet, coa integración do software LaBMU - Studio de modo local. Os espazos dos que dispón (estudio de gravación, sala de control e estudio de TV) estarán a dispor de profesorado, alumnado e empresarios do viveiro. Desenvólvense unidades didácticas e materiais multimedia en todas as fases do proxecto.

Obxectivos:

  • Crear unha celda robotizada con diferentes técnicas de soldadura.
  • Posibilitar a realización de prácticas, tanto para o alumnado como para o profesorado, en novas tecnoloxías de soldadura robotizada.
  • Fomentar o uso das TIC na familia profesional de Fabricación Mecánica.
  • Elaborar material didáctico e prácticas para os ciclos de Fabricación Mecánica.

Deseño e desenvolvemento dun centro de transformación didáctico conectado a unha rede eléctrica intelixente ("smartgrid"). Implantación dun sistema de telecontrol remoto e comunicable. Integración do sistema SCADA e o telecontrol nun PC servidor.

Deseño, cálculo e montaxe dunha cúpula xeodésica para aplicación dos coñecementos de CAD 2D e 3D, e introducir ao alumnado nos principios dos sistemas estructurais.
Permite, ademais, estudar os ensaios na madeira e os procesos organizativos e de optimización de recursos (GAN, CPM e PERT).