Xestión da Calidade

A Política de Calidade é o conxunto de intencións globais e a orientación do noso centro relativas á calidade, expresadas formalmente pola Dirección. Con data 9 de decembro de 2016, AENOR, Asociación Española de Normalización e Certificación, voltou a certificar que o CIFP Politécnico de Santiago dispón dun sistema de xestión da calidade consonte coa Norma UNE-EN-ISO 9001:2008.

Nun centro educativo organizado mediante un sistema de xestión de calidade é preciso ter un control exhaustivo sobre a documentación xenerada. Para facilitar esta tarefa dispoñemos dunha guía documental na que se mostran todos os documentos que se deben cubrir en función do momento do ano no que nos encontremos e da nosa función no Centro.

Con data 20 de febreiro de 2018 levouse a cabo a Auditoría Interna ao CIFP Politécnico de Santiago. Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao correspontente informe.

Só está accesible a Usuarios Rexistrados

No Politécnico de Santiago queremos coñecer a súa opinión, polo que pode facernos chegar as súas suxestións, queixas, reclamacións ou felicitacións mediante o seguinte formulario.