Información Xeral

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Na seguinte ligazón podes descargar a información relativa ás probas de acceso do curso 2017.

Convocatoria de bolsas para estudantes que cursen ensinanzas postobrigatorias con validez en todo o territorio nacional. Para solicitar estas bolsas, os estudantes non deberán superar unha detereminada renta e/ou patrimonio familiar, ademais de cumprir uns determinados requisitos de aproveitamento académico.

Na seguinte ligazón podes descargar a información relativa á convocatoria xeral de bolsas para o curso 2018-19.

Co fin de facilitar a reincorporación ao sistema educativo de todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación, prevense posibilidades de recoñecer a formación adquirida previamente mediante as validacións. Coa validación dáse por superada un parte ou partes de estudos oficiais que se están a realizar tendo en conta a formación achegada e superada polo interesado con anterioridade. Nos estudos de Formación Profesional a unidade mínima de validación é o módulo formativo.

Na seguinte ligazón podes descargar a información relativa á solicitude de validación de módulos profesionais para o curso 2018-19.

Co fin de non esgotar as convocatorias previstas para cada módulo profesional, poderase renunciar á avaliación e á cualificación da totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo en que se formalizase a matrícula, no caso do réxime ordinario, ou de forma parcial no caso do réxime de persoas adultas.

Na seguinte ligazón podes descargar a información relativa ás renuncias e baixas.

Recóllense neste apartado as táboas de recoñecemento directo de créditos nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior, de acordo coas normas de cada unha das universidades galegas.

O catálogo de validacións entre ciclos superiores e titulacións universitarias pódelo descargar a continuación, corresponde ao curso 2013-2014 e está estructurado en dous apartados:

  • No apartado 1 recóllense as táboas de recoñecemento directo de créditos nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior, de acordo coas normas de cada unha das universidades galegas considere oportuno.
  • No apartado 2 Recóllese a relación de titulacións universitarias oficiais de grao que de momento non teñen unha táboa de recoñecemento directo de créditos para os técnicos superiores de formación profesional. No caso que se considere a posibilidade de correspondencia entre algunha titulación universitaria oficial de grao e algún título de técnico superior de formación profesional, poderase solicitar individualmente o recoñecemento dos créditos que se considere oportuno, da forma prevista pola normativa de recoñecemento e transferencia de créditos de cada universidade.

No seguinte documento explícase o acceso e admisión á Universidade dende os ciclos superiores de Formación Profesional. Adxúntanse tamén as ponderacións das materias da fase específica e as notas de corte para o curso 2016/17, ordenado por Universidade e campus.

Nota: Esta web só ten caracter informativo e está suxeita a variacións, polo que non poderá ser utilizada a efectos legais en ningún tipo de recurso.