Información e Orientación Profesional

As probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior van dirixidas ás persoas que teñan polo menos dezanove anos ou os fagan no ano de realización da proba e non cumpran os requisitos académicos de acceso a ciclos formativos de grao superior.

Na seguinte ligazón podes descargar a información relativa ás probas de acceso do curso 2017.

Convocatoria de bolsas para estudantes que cursen ensinanzas postobrigatorias con validez en todo o territorio nacional. Para solicitar estas bolsas, os estudantes non deberán superar unha detereminada renta e/ou patrimonio familiar, ademais de cumprir uns determinados requisitos de aproveitamento académico.

Na seguinte ligazón podes descargar a información relativa á convocatoria xeral de bolsas para o curso 2018-19.

Co fin de facilitar a reincorporación ao sistema educativo de todas as persoas interesadas en ampliar a súa formación, prevense posibilidades de recoñecer a formación adquirida previamente mediante as validacións. Coa validación dáse por superada un parte ou partes de estudos oficiais que se están a realizar tendo en conta a formación achegada e superada polo interesado con anterioridade. Nos estudos de Formación Profesional a unidade mínima de validación é o módulo formativo.

Na seguinte ligazón podes descargar a información relativa á solicitude de validación de módulos profesionais para o curso 2018-19.

Co fin de non esgotar as convocatorias previstas para cada módulo profesional, poderase renunciar á avaliación e á cualificación da totalidade dos módulos profesionais do ciclo formativo en que se formalizase a matrícula, no caso do réxime ordinario, ou de forma parcial no caso do réxime de persoas adultas.

Na seguinte ligazón podes descargar a información relativa ás renuncias e baixas.

Recóllense neste apartado as táboas de recoñecemento directo de créditos nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior, de acordo coas normas de cada unha das universidades galegas.

O catálogo de validacións entre ciclos superiores e titulacións universitarias pódelo descargar a continuación, corresponde ao curso 2013-2014 e está estructurado en dous apartados:

  • No apartado 1 recóllense as táboas de recoñecemento directo de créditos nas titulacións universitarias oficiais de grao para os titulados en formación profesional de grao superior, de acordo coas normas de cada unha das universidades galegas considere oportuno.
  • No apartado 2 Recóllese a relación de titulacións universitarias oficiais de grao que de momento non teñen unha táboa de recoñecemento directo de créditos para os técnicos superiores de formación profesional. No caso que se considere a posibilidade de correspondencia entre algunha titulación universitaria oficial de grao e algún título de técnico superior de formación profesional, poderase solicitar individualmente o recoñecemento dos créditos que se considere oportuno, da forma prevista pola normativa de recoñecemento e transferencia de créditos de cada universidade.

No seguinte documento explícase o acceso e admisión á Universidade dende os ciclos superiores de Formación Profesional. Adxúntanse tamén as ponderacións das materias da fase específica e as notas de corte para o curso 2016/17, ordenado por Universidade e campus.

Nota: Esta web só ten caracter informativo e está suxeita a variacións, polo que non poderá ser utilizada a efectos legais en ningún tipo de recurso.

Neste apartado recóllense as novas sobre temas de interese xeral dentro do ámbito do departamento de Orientación centrados sobre todo na inserción profesional, a mellora da empregabilidade do alumnado, o uso seguro e responsable das TIC e o acceso á formación profesional, entre outros temas.

Berta Varela García, alumna do Máster de Secundaria da USC 2014/15, desenvolveu un Proxecto de Intervención Educativa en Habilidades Sociais ao alumnado de Formación Profesional Básica, do que se poden consultar os anexos a continuación.

Neste apartado temos unha Guía de Itinerarios formativos na Formación Profesional e unha Guía de recursos para o traballo, realizadas por Andrés Blasco Arnáiz, Mercedes Vilar Álvarez, Marta Valcárcel Rubinos, alumnos do Máster de Secundaria da USC 2015/16.

Cristina Rubio de Blas, alumna do Máster de Secundaria da USC 2017/18, deseñou e impartiu una unidade didáctica sobre Ciberbullying, baseada nunha presentación Powerpoint que podemos consultar a continuación.

O Plan de Emprendemento no Sistema Educativo de Galicia, eduemprende, constitúese como o marco de fomento do espírito emprendedor no sistema educativo de Galicia, e establece a estratexia de fomento da cultura emprendedora que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria lle transmitirá á comunidade educativa. Para isto, contará coa colaboración e o apoio da Consellería de Economía e Industria, a través do Centro Europeo de Empresas e Innovación de Galicia (CEEI de Galicia, SA -Bic Galicia-).

O obxectivo global deste plan é lograr un avance sensible na cultura do emprendemento no noso alumnado e propor instrumentos que permitan coñecer os logros alcanzados.

Está demostrado que a educación e a formación contribúen á creación dunha cultura emprendedora, empezando polas idades máis temperás, ao fomentar entre o alumnado as calidades persoais que constitúen a base do espírito empresarial: a creatividade, a iniciativa, a responsabilidade, a capacidade de afrontar riscos e a autonomía persoal. As actividades organizadas por este departamento están encamiñadas á adquisición por parte do alumnado desta cultura emprendedora.

Un viveiro de empresas é un espazo onde desenvolver e poñer en marcha o teu proxecto empresarial. É a referencia para o emprendemento na súa área de influencia. Nel coordínanse as accións formativas, tanto aquelas para realizar nos centros próximos como as de carácter xeral, que se leven a cabo no centro de referencia.

Na seguinte ligazón podes descargar o cartaz do viveiro de empresas do noso Centro.

O espírito emprendedor é un dos motores principais da innovación, a competitividade e o crecemento da economía. Desde hai anos, observouse unha correlación positiva e sólida entre o fomento do espírito emprendedor e os resultados económicos en termos de crecemento, supervivencia de empresas, innovación, creación de emprego, cambio tecnolóxico e incremento da produtividade.

Na seguinte ligazón podes acceder á correspondente páxina web de Emprendemento da Consellería de Educación.

O espírito emprendedor pódese entender nun sentido amplo, como unha actitude xeral que resulta útil tanto na vida cotiá de calquera persoa como nas actividades profesionais que desenvolve, e tamén como un concepto específico de formación dirixida á creación dunha empresa, a empresarialidade.

A continuación podes acceder ás novas relativas ao fomento do espírito emprendedor.

Sistema de recollida das características do emprego ofertado polas empresas da comarca que teñen unha relación directa cos estudios impartidos no noso Centro.

En caso de ser algunha destas empresas, prema sobre a seguinte ligazón para facernos chegar estes datos.

Sistema de recollida das características do emprego solicitado polo alumnado formado no noso centro.

Preme sobre a seguinte ligazón para facernos chegar estes datos.

Listado de ofertas de traballo que nos chegan ao Centro. Preme sobre a seguinte ligazón para acceder a estas ofertas.