Calidade e Innovación

A Política de Calidade é o conxunto de intencións globais e a orientación do noso centro relativas á calidade, expresadas formalmente pola Dirección. Con data 9 de decembro de 2016, AENOR, Asociación Española de Normalización e Certificación, voltou a certificar que o CIFP Politécnico de Santiago dispón dun sistema de xestión da calidade consonte coa Norma UNE-EN-ISO 9001:2008.

Nun centro educativo organizado mediante un sistema de xestión de calidade é preciso ter un control exhaustivo sobre a documentación xenerada. Para facilitar esta tarefa dispoñemos dunha guía documental na que se mostran todos os documentos que se deben cubrir en función do momento do ano no que nos encontremos e da nosa función no Centro.

Con data 20 de febreiro de 2018 levouse a cabo a Auditoría Interna ao CIFP Politécnico de Santiago. Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao correspontente informe.

Só está accesible a Usuarios Rexistrados

No Politécnico de Santiago queremos coñecer a súa opinión, polo que pode facernos chegar as súas suxestións, queixas, reclamacións ou felicitacións mediante o seguinte formulario.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria pretende impulsar a aparición de iniciativas e proxectos innovadores no ámbito da formación profesional, entre outras accións, mediante a convocatoria de premios a proxectos de innovación tecnolóxica ou científica e proxectos de innovación didáctica. A continuación encontraredes información daqueles proxectos de innovación nos que participou o noso Centro.

Solicita a túa conta de acceso para acceder á documentación exclusiva para o profesorado que imparte docencia no noso Centro.

O profesorado do CIFP Politécnico de Santiago conta cun Aula Virtual como ferramenta para a súa labor docente. A través das seguintes ligazóns podes solicitar a Alta na Aula Virtual e/ou indicar os cursos que impartes ou comunicar calquera incidencia que observes na administración da túa Aula Virtual. Informamos que estas ferramentas só están accesibles ao profesorado rexistrado nesta web.

O profesorado, rexistrado nesta web, empregará o seguinte formulario para solicitar acceso WiFi nas aulas nas que imparte docencia.

O seguinte formulario unicamente debe ser cuberto pola persoa encargada das TIC dentro do Departamento ou a persoa xefa de Departamento para indicar calquera incidencia co uso das TIC no seu departamento.

Neste apartado teredes información relativa aos programas con licencia libre que se empregan no noso Centro.

Novas relacionadas coas Tecnoloxías da Información e da Comunicación

Este sistema de intercambio posibilita ao estudante incorporarse a unidades académicas diferentes, experimentar sistemas docentes distintos, enriquecer os itinerarios curriculares e desenvolver as súas capacidades en contornas sociais e culturais doutros países dentro e fóra da Unión Europea A mobilidade facilita igualmente unha oportunidade de adaptación que prepara para aproveitar mellor as oportunidades laborais e favorece a dispoñibilidade cara ao emprego ao romper o marco habitual de formación.