Acreditación de Competencias Profesionais

O proceso de Acreditación consiste en recoñecer e avaliar as competencias profesionais adquiridas polas persoas no desenvolvemento do seu traballo ou por outras vías non formais de formación, mediante procedementos que garantan a fiabilidade, a obxectividade e o rigor técnico da avaliación.

A continuación podes acceder á información xeral relacionada co proceso de Acreditación de Competencias.

Neste apartado se publican as listaxes de persoas solicitantes para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais.

Para ter dereito a participar nas fases de asesoramento e avaliación, a persoa candidata que saia admitida nas listaxes definitivas de admitidos e excluídos terá que formalizar o pagamento das taxas correspondentes previamente á realización de cada unha das fases.

Na seguinte ligazón podes descargar a información relativa ao pago das taxas para participar no proceso de acreditación de competencias.

Neste apartado publicarase a información relativa ás distintas reunións para o asesoramento das persoas admitidas.

Neste apartado pode consultarse a información relativa ás últimas convocatorias do proceso de acreditación de competencias profesionais.