Novas

ANUNCIO: Departamento de F.O.L.

F.O.L.: Publicación das datas dos exames finais e Alumnado con Perda de Dereito a Avaliación Continua.

Prema sobre a seguinte ligazón para descargar o documento.

Concurso Eduemprende Idea 2017

Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.


EMPREGALIA 2017

Organizado pola Asociación de mulleres en Igualdade de Vigo, terá lugar  os días 10 e 11 de marzo na Estación Marítima de Vigo, “EMPREGALIA 2017”.


III FORO EMOCIONA

Educación emocional e social para ensinar, formar ou desenvolver a outr@s.

O 12 de novembro celébrase o III FOROEMOCIONA dirixido a todas aquelas persoas que queren aprender a desenvolver as súas competencias sociais e emocionais e as dos demáis. Parte do noso profesorado estará alí. Animate! Ainda estás a tempo de facer a túa inscripción.

SPIN 2016: SEMANA DO EMPRENDEMENTO EN SANTIAGO DE COMPOSTELA

O emprendemento anega Santiago de Compostela con Spin2016 no Gaiás.

Durante esta semana a capital galega alberga numerosas actividades que achegarán un pouco máis a realidade dos emprendedores a toda a cidadanía. Cultura, emprendimiento e moito humor estarán presentes na zona monumental entre o 26 e o 28 de setembro, para trasladarse despois á Cidade da Cultura de Galicia, onde do 29 de setembro ao 1 de outubro celebrarase Spin2016, a maior cita dedicada ao emprendimiento universitario de Iberoamérica, que acollerá a máis de de 2.000 emprendedores, estudantes, investigadores, docentes, empresas ou investidores procedentes de España, Portugal e América Latina.

Concurso Eduemprende Idea 2016

No DOG do venres 29 de abril, publicouse a Resolución do 15 de abril de 2016 pola que se convoca o concurso Eduemprende Idea 2016, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional, deportivas ou de artes plásticas e deseño da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

O Departamento de FOL ven de impartir para o grupo de segundo ano de FP Básica un taller de busca de emprego.

Día do Emprendedor de Galicia

IGAPE e Fundación EOI,  co obxectivo de impulsar a Iniciativa Emprendedora e a consolidación de empresas, organizan ol Día do Emprendedor de Galicia.

Conferencia inaugural a cargo de EDURNE PASABAN: “Claves para alcanzar o éxito ante calquera reto personal e laboral”.

PROBAS LIBRES: Cualificacións de FOL e EIE

Publicación das cualificacións de FOL (Formación e Orientación Laboral) e EIE (Empresa e Iniciativa Emprendedora).

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao listado de cualificacións.

Convocatoria dos III Premios Emprende Gaiás-Sixto Seco

A Cidade da Cultura de Galicia convoca a terceira edición dos premios Emprende Gaiás-Sixto Seco, concurso de ideas e proxectos innovadores co que dar apoio aos emprendedores e dinamizar as industrias culturais de Galicia.

Páxinas

Subscribirse a RSS - Novas