Curso Prevención de Riscos Laborais (60 horas) no CIFP Politécnico de Santiago

Complemento para a obtención da certificación do curso recoñecido pola “Fundación Laboral de la Construción”.

TRANSFORMADOR DIDÁCTICO

Alumnado do IES Macías o Namorado, de Padrón, realizará practicas no CIFP Politécnico de Santiago utilizando o recurso didáctico SMART GRID”

RESULTADO: II Concurso Deseño de Camiseta

Reunido o xurado do concurso formado pol@s integrantes do EDLG e un membro do equipo directivo, puntuáronse os traballos presentados do seguinte xeito: 10, 5, 3 e 1. O resultado foi o que sigue.

CHARLA ELECTRICIDADE E ELECTRÓNICA

O luns, 27 de marzo,celebrarase unha charla de Telefónica sobre a Adaptación da rede Telefónica á fibra ata o fogar.

Ao longo da mañán de hoxe, 13 de marzo, tivo lugar unha conferencia sobre as Forzas Armadas no Salón de Actos do noso centro, co obxectivo de que o alumnado coñeza de primeira man as posibilidades laborais da carreira militar.

Acreditación de competencias. Listaxes provisionais. Convocatoria 2017  

Publicación das listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas e das listaxes provisionais de persoas excluídas por non ter achegado documentación suficiente para participar no procedemento de acreditación de competencias profesionais da convocatoria 2017.


EMPREGALIA 2017

Organizado pola Asociación de mulleres en Igualdade de Vigo, terá lugar  os días 10 e 11 de marzo na Estación Marítima de Vigo, “EMPREGALIA 2017”.

O Departamento de FOL, en colaboración co Departamento de Información e Orientación profesional organizou uns talleres de busca de emprego que se desenvolveron  o xoves 2 de marzo.

Desde a Coordinación de Emprendemento e o Depto de Fabricación Mecánica, organizouse a mesa redonda para dita familia que se desenvolveu este pasado 24 de febreiro. Na mesma contamos coa presencia de dous empresarios, Higinio Marqués Gallo, Director técnico de Troqueles e Moldes de Galicia, TROMOSA, e Andrés Quintá Cortiñas, fundador e presidente do grupo Quintá, do que a empresa matriz é EXTRUGASA.

Día Internacional da Muller Traballadora

Durante a semana do 6 ao 10 de marzo celebrarase neste Centro o día (semana neste caso) da Muller traballadora.

Colga no taboleiro do recibidor unha foto, acompañada dunha lenda, sobre unha muller que consideres sobresaínte.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartaz da actividade.

Páxinas

Subscribirse a POLITÉCNICO DE SANTIAGO RSS