Mario Luis López Isla – Cuba 1955 – é o autor de Gallegos en Cuba. Individualidades: su huella imborrable en una Nación, editado polo Grupo de Comunicación Galicia en el Mundo, S. L. Vigo, 2011.

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Mañá venres, 30 de xaneiro, tal e como recolle o calendario escolar, conmemórase o Día Escolar da non Violencia e da Paz, que coincide tamén co aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

O Máxico Arrecendo e outras historias

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o vindeiro luns, 9 de febreiro, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de Banda Deseñada de Fran Bueno "O Máxico Arrecendo e outras historias".

2º Concurso Fotográfico

"O Politécnico nun Clic".

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CIFP Politécnico de Santiago busca fomentar a participación do alumnado e persoal do centro interesado na fotografía. Por iso organiza o II Concurso Fotográfico "O Politécnico nun clic".

Preme sobre o seguinte enlace para descargar as bases.

Entroidos de Interese Turístico

Unha representación dos Entroidos declarados de Interese Turístico reuniuse o sábado 24 de xaneiro na praza do Obradoiro: Boteiros de Viana do Bolo, cigarróns de Verín, felos de Maceda, madamas e galáns de Vilaboa, pantallas de Xinzo de Limia, peliqueiros de Laza e xenerais da Ulla reuníronse no Obradoiro para promover a participación nos Entroidos galegos.

Preme sobre a seguinte ligazón para consultar a nova completa.

CENTRO DRAMÁTICO GALEGO

Temporada 2014 2015

Nesta temporada presentan unha mostra moi representativa das artes escénicas portuguesas que quere contribuir a crear espazos de diálogo entre a cultura lusa e galega.

Preme sobre a seguinte ligazón para consultar a programación.

Adquisición de varios libros, co seu correspondente CD de audio e ordenados por niveis de dificultade, para a aprendizaxe do inglés.

III Concurso de Relatos do Museo do Gas

O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa convídavos a participar no seu III Concurso de Relatos.

A temática do relato é libre, pero o seu desenvolvemento incluirá elementos relacionados coa enerxía, o medio ambiente, a historia do gas e o patrimonio industrial.

Premiarase aos gañadores cun lector de libros electrónicos.

Preme sobre a seguinte ligazón para consultar as bases completas do concurso.

Semana de Portas Abertas 2015

Dende o CIFP Politécnico de Santiago comprácenos invitar ao alumnado dos últimos cursos da ESO e Bacharelato a realizar unha visita ao noso centro educativo, para que coñeza máis de cerca a Formación Profesional e vexan nela una alternativa máis de formación.

Adquisición de varios libros para o seu depósito na Biblioteca do noso centro correspondentes ás familias profesionais de Química e Madeira, Moble e Cortiza.

Páxinas

Subscribirse a POLITÉCNICO DE SANTIAGO RSS