Conferencia do músico e luthier Francisco Luengo

Este venres 22 de maio, ás 20.00 horas, o músico e luthier Francisco Luengo impartirá no Salón de Actos do noso Centro unha conferencia co título "A lutería artística na Idade Media" sobre a construción dos instrumentos do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago de Compostela.

Complementará a velada a actuación de Antía Muiño Sánchez (guitarra) e o Conxunto de Violíns de 1º e 2º de Grao Profesional do CMUS de Santiago.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan o Departamento de Madeira, Equipo de Dinamización de Lingua Galega e a Biblioteca do CIFP Politécnico de Santiago; así como o Equipo de Dinamización Lingüística e o profesorado de violín e guitarra do Conservatorio Profesional de Santiago.

Curso de Traballos en Altura

O día 22 de maio dará comezo un curso de Traballos en Altura para o alumnado de segundo curso de todas as especialidades.

Feria do Libro Antigo e de Ocasión 2015

Dende o 16 ao 31 de maio estará na Alameda de Santiago a Feira do libro antigo e de ocasión.

Máis informacion en http://www.santiagoturismo.com/axenda-cultural/feira-do-libro-antigo-e-de-ocasion

Rodesindo da Barrosa

Seguindo cos actos programados no noso centro con motivo da celebración das Letras Galegas, hoxe recibimos a visita de Rodesindo da Barrosa.

Curso de Carretillas Elevadoras

Entre os días 19 e 31 de marzo celebramos no noso centro un curso de carretillas elevadoras. Prema sobre a seguinte ligazón para acceder a unhas fotografías conmemorativas do evento.

40 anos de viñetas galegas

Onte, día 11, comezamos os actos de conmemoración do día das Letras Galegas cunha conferencia-coloquio e a actuación do Coro de Amigos do CMUS de Santiago.

Visita do Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

Onte, día 6, recibimos a visita do Conselleiro de Educación, D. Román Rodríguez González, quen se reuniu cos directores e inspectores da rede de Centros Integrados de Formación Profesional que asistían a unha xornada formativa no noso Centro.

Visita de Gradiant

Onte recibimos a visita de representantes de Gradiant, Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia.

2015 ANO INTERNACIONAL DOS SOLOS

Con motivo da declaración por parte da FAO deste 2015 como Ano Internacional dos Solos, a Delegación en Galicia da Sociedade Española de Ciencia do Solo e o Consello Superior de Investigacións Científicas acaban de promover a edición en castelán e en galego dun cómic divulgativo sobre o solo.

Coordinación EDLG. Fonte: O Agro – Televisión de Galicia

Preme sobre a seguinte ligazón para consultar a nova completa.

Ademais, no museo de Historia Natural de Santiago exponse a obra de José Caballo "Pintando con solo".

ÁNGELES ALVARIÑO, PRIMEIRA MULLER ESCOLLIDA NO DÍA DA CIENCIA EN GALICIA

A oceanógrafa galega Ángeles Alvariño, a primeira científica que subiu a bordo dun buque de exploración británico a mediados do século XX e recoñecida a nivel mundial tras describir 22 novas especies mariñas, será a primeira homenaxeada no Día da Ciencia en Galicia, xusto cando se cumpren dez anos do seu pasamento.

Coordinación EDLG. Fontes – El Faro de Vigo e Atlántico Diario

Preme sobre a seguinte ligazón para consultar a nova completa.

Páxinas

Subscribirse a POLITÉCNICO DE SANTIAGO RSS