Proxecto Iniciativa Xove: USO DE BIORREACTORES

O próximo venres 3 de Outubro teremos no corredor de entrada do CIFP Politécnico de Santiago de 10:00 a 13:00 a exposición do “Uso de Biorreactores”.

Están convidados os xovenes de Santiago e comarca.

Alcoa e Feuga impulsan un programa de bolsas para mozos en paro

Fundación Alcoa e Fundación Empresa - Universidade Galega (FEUGA) poñen en marcha o programa de formación con prácticas en empresas, Intership Program for Unemployed Youth, polo que 50 mozos titulados e desempregados beneficiaranse dun programa de desenvolvemento profesional para facilitar a súa inserción laboral.

La Voz de Galicia, 28 de setembro de 2014

Número 138 da revista Soldadura y Tecnologías de Unión correspondente aos meses de xullo a setembro de 2014.

Número 88 da revista CESVIMAP (Automoción) correspondente ao mes de xuño de 2014.

Adquisición de varios libros para o seu depósito na Biblioteca do noso centro.

III XORNADAS DE AUTOMOCIÓN DE GALICIA

Os días 9, 10 e 11 de setembro celebramos as III Xornadas de Automoción; acción formativa que se brinda a profesores da familia de Transporte e Mantemento de Vehículos (Automoción).

Impartíronse 5 cursos teórico/prácticos de xornada completa de duración, cada un dos tres días.

Inauguración do curso escolar 2014 / 15

Acto de inauguración do novo curso escolar polo equipo directivo do CIFP Politécnico de Santiago.

Dámosvos a benvida ao noso centro, que vai ser o voso durante os próximos dous cursos. Desexamos que esta nova etapa académica que agora comezades se converta nun referente na vosa vida profesional e que contedes coa nosa colaboración para calquera inquietude, suxestión ou problema que vos poda xurdir.

Aquí tedes unha pequena Presentación do Centro que desexamos que vos sexa de utilidade. Trátase dun resumo da guía do alumnado que podedes descargar na súa totalidade no seguinte enlace.

Doazón de material didáctico ao noso centro pola empresa
RAMSA - GRUPO FERROATLÁNTICA

O CIFP Politécnico de Santiago e o Departamento de Química quere agradecer a empresa / institución RAMSA – GRUPO FERROATLÁNTICA a doazón / concesión dos seguintes equipos ou aparellos que permitira a mellor preparación e máis alta adquisición de competencias o noso alumnado de ciclos medio e superiores de Química:

Dámosche a benvida ao CIFP Politécnico de Santiago

 

CURSO 2014-15: Inicio das actividades lectivas:
  • LUNS, 15 de setembro: Presentacións no Salón de Actos
    • 11:00 horas - 1º Curso de Ciclos Formativos de nivel Medio e Superior - Quenda de Mañá
    • 18:30 horas - Ciclos de Adultos (Modulares, Distancia e Dual)
  • MARTES, 16 de setembro: Presentacións no Salón de Actos
    • 11:00 horas - 2º Curso de Ciclos Formativos de nivel Medio e Superior - Quenda de Mañá
    • 17:00 horas - 1º Curso de Ciclos Formativos de nivel Medio e Superior - Quenda de Tarde
    • 19:00 horas - 2º Curso de Ciclos Formativos de nivel Medio e Superior - Quenda de Tarde

Páxinas

Subscribirse a POLITÉCNICO DE SANTIAGO RSS