Publicación da convocatoria para o curso 2017-18

As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional.

María Victoria Moreno - Anagnórise

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o mércores, 16 de maio, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

23 de abril: Día Internacional do Libro

Xornada de intercambio de libros con motivo da celebración do Día do Libro (23 de abril).

Fundación Gas Natural Fenosa

A fundación Gas Natural Fenosa pon á disposición de todos os internautas dunha serie de publicacións sobre Enerxía e Medio Ambiente en formato dixital para a súa descarga gratuita. Premede na seguinte ligazón.

Actividade formativa sobre propiedade intelectual

Onte recibimos a visita de Roberto Brenlla, quen impartiu unha charla sobre licenzas no salón de actos do noso centro.

Programa Eduemprende-Atrévete

Este pasado venres  06 de abril, recibimos a visita de 26 alumn@s do CEIP Apóstolo Santiago.

Técnicas de busca que emprego

Organizado polo Departamento de Formación e Orientación Laboral, o mércores 11 de abril desenvolverase un taller sobre técnicas de busca de emprego para o alumnado de 2º curso de FP básica.

Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio

Onte, 44 estudantes dos ciclos de sistemas electrotécnicos, de instalacións de telecomunicacións, de deseño e amoblamento e do ciclo de construcións metálicas do noso CIFP realizaron unha visita guiada ao Viveiro da cámara de Comercio de Santiago.

Fase de Asesoramento. Convocatoria Reunión Grupo

Convócase á REUNIÓN DE GRUPO da fase de asesoramento, na data, hora e sede que se indica no documento adxunto,  a todas as persoas INCLUÍDAS nas LISTAXES DEFINITIVAS DE PERSOAS ADMITIDAS no marco da ORDE do 29 de decembro de 2017 pola que se convoca o proceso de acreditación de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais (DOG 10-1-2018).

Xornada Formativa para todo o profesorado

Está aberto o prazo para inscribirse na xornada formativa "Apaixónate 2018", que terá lugar o próximo 14 de abril no CIFP Politécnico de Santiago de Compostela, centrada en como a paixón polo que fas ilustra o camiño cara o éxito.

Páxinas

Subscribirse a POLITÉCNICO DE SANTIAGO RSS