>

CHARLA INSERCIÓN LABORAL

Repítese esta interesantísima charla sobre "O uso do videcurriculum para a inserción laboral" o xoves 4 de maio, de 17:00 a 18:00h., no Salón de Actos.

Concurso Eduemprende Idea 2017

Convocatoria do concurso Eduemprende Idea 2017, dirixido ao alumnado das ensinanzas de formación profesional da Comunidade Autónoma de Galicia sostidas con fondos públicos.

Talleres de PRIMEIROS AUXILIOS

Os vindeiros  días  2, 3 e 4 DE MAIO, organizados polo Departamento de FOL, e impartidos por Cruz Vermella de Santiago, desenvolveranse uns TALLERES DE PRIMEIROS AUXILIOS.

CHARLA INSERCIÓN LABORAL

O martes 25 de abril, de 10:30 a 11:30h., no Salón de Actos, haberá unha charla sobre "O uso do videcurriculum para a inserción laboral".

Número 133 da revista Proyecto Contract.

IV Concurso de Microrrelatos

"Microrrelatos".

O Equipo de Dinamización da Lingua Galega (EDLG) do CIFP Politécnico de Santiago convoca a 4ª edición do concurso de "Microrrelatos, no que busca fomentar a participación do alumnado e persoal do centro na procura dun relato usando como máximo 140 caracteres.

A temática do microrrelato será os 50 ANOS DO EDIFICIO DO CENTRO e ten que estar escrito en galego.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar as bases.

ACREDITACION 2017

Fase de asesoramento. Acreditación de competencias. Datas e lugares da primeira reunión grupal

Publicadas as listaxes de persoas admitidas e excluídas, con data 29 de marzo de 2017, iníciase a fase de asesoramento para as persoas admitidas, segundo o establecido na Orde do 28 de decembro de 2016 (DOG do 12 de xaneiro de 2017) pola que se convocou o proceso de acreditación de competencias.

Convocatoria de subvencións para persoas desempregadas

Convocatoria de subvencións para a concesión directa de becas e axudas para persoas traballadoras desempregadas que participen en accións formativas de formación profesional para o emprego correspondentes ao exercicio de 2017 e 2018.

PRESAS FÁCILES

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o XOVES, 4 de maIo, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de banda deseñada "Presas Fáciles" de Miguelanxo Prado.

VENTO FERIDO

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que nos reuniremos na cafetería do centro o XOVES, 1 de XUÑO, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra "Vento Ferido" de Carlos Casares.

Páxinas

Subscribirse a POLITÉCNICO DE SANTIAGO RSS