Comenzamos o mes de novembro, e continuando coas xornadas de divulgación dos programas de emprendemento e a difusión do viveiro de empresas do noso centro, recibimos  aos 2º s cursos que se mostran a continuación.

Sistemas de Alimentación Ininterrumpida (SAIs)

En colaboración con ANPASA, ASINEC organiza esta xornada técnica onde trataremos os distintos tipos de SAIs dos que dispoñemos no mercado e o equipo que mellor funciona para cada tipo de instalación.

IV MAGOSTO e celebración do SAMAÍN

O vindeiro venres, 17 de novembro, ás 11.30 da mañán haberá castañas, música e foliada para celebrar o Samaín. Se traemos doces caseiros compartirémolos.

Preme sobre o seguinte enderezo para acceder ao cartel informativo da xornada.

Tarifas Eléctricas

Este martes, 7 de novembro, desenvolverase unha actividade formativa relacionada con tarifas eléctricas.

Para finalizar o mes de outubro e continuando coa difusión do viveiro de empresas do noso centro, recibimos despois da presentación sobre emprendemento na súa aula, aos 2º s cursos que se mostran a continuación.

AQUAE TALENT HUB VOLVE A SANTIAGO PARA DAR UN PASO MÁIS NA INNOVACIÓN COLABORATIVA

Santiago de Compostela  acollerá o 8 de novembro a segunda edición de  Aquae Talent Hub.

Trátase dun evento de innovación e emprendemento impulsado por Viaqua, a súa  Fundación Aquae e a USC coa  idea de dar "un paso máis", centrado este ano na "innovación colaborativa".

Oferta de FP Dual no noso Centro

Este foi un dos temas tratados no programa de televisión española (La 2) "España en comunidad", dirixido e presentado por Marta Ventura.

Este pasado martes 24 de outubro baixo o nome de “ En busca do talento emprendedor” celebrouse o primeiro dos catro obradoiros encadrados dentro do programa Medra; unha das accións, que se desenvolven dentro do marco do Plan de EduEmprende.

Esta pasada semana as charlas divulgativas sobre emprendemento e a posterior visita ao viveiro  foron para os seguintes grupos.

Los vagabundos de la chatarra

Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que reunirémonos na cafetería do centro o xoves, 23 de novembro, na hora da pausa (11:30 - 12:00).

Trataremos a obra de banda deseñada "Los vagabundos de la chatarra" de Jorge Carrión e Sagar.

Páxinas

Subscribirse a POLITÉCNICO DE SANTIAGO RSS