O IES de Pontepedriña súmase aos centros integrados Compostela e Politécnico.

A Formación Profesional (FP) Dual, que compaxina a formación nun centro educativo e nunha empresa para obter o título, crece en Santiago. O próximo curso, nove grupos seguirán este sistema: seis no Politécnico, dous no Compostela (ambos os centros integrados e exclusivos de FP); e outro no IES Pontepedriña, que se suma á modalidade. Os tres centros seleccionarán os próximos días novo alumnado para os ciclos de Dual que estrean en setembro. Santiago e A Coruña teñen a maior oferta deste sistema, que se impartiu por primeira vez na comunidade no Politécnico compostelán, no curso 2012-2013.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á nova orixinal.

Autor: Joel Gómez
Imaxe: Mónica Ferreirós