A FP de tratamento de augas xera expectativa por ser pioneira en España

O ciclo impárteno o Politécnico e Viaqua, que destacan o seu potencial de emprego

O ciclo medio de Formación Profesional (FP) de Redes e estacións de tratamento de augas xera enorme expectativa por ser pioneiro en España. Só hai outro de características semellantes en Cataluña. Iso incrementa o potencial de que quen o finalice con éxito consigan emprego. Así se destacou por representantes do Politécnico e da empresa Viaqua, que colaboran en impartilo polo sistema de FP dual; e de Manuel Corredoira, director xeral de FP da Consellería de Educación, onte na presentación oficial do curso no CIFP Politécnico de Santiago, centro académico no que se imparte.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á nova completa.

Fonte: Joel Gómez
La Voz de Galicia