Un proxecto europeo mostra avances para tratar a madeira no Politécnico

Profesorado de varios centros galegos asistiu onte no Politécnico á presentación dun proxecto europeo relacionado con tratamentos da madeira de última xeración. Participaron a multinacional compostelá Finsa, unha das empresas europeas que promove a iniciativa, e representantes da  Axencia  Galega da Industria Forestal e do Centro de Innovación e Servizos Tecnolóxicos da Madeira.

Fonte: La Voz de Galicia
Fotografía: Paco Rodríguez

Share this post