Oferta de FP Dual en Galicia

Galicia oferta este curso dezanove ciclos de Formación Profesional Dual, dos cales cinco impártense no noso Centro:

  • CS Mecatrónica industrial coa colaboración da empresa Financiera maderera S.A.
  • CS Sistemas electrotécnicos e automatizados coa colaboración da cadea hotelera Arlea Hotels SLU
  • CM  Redes e estacións de tratamento de augas coa colaboración de Viaqua Gestion Integral de Aguas de Galicia, S.A.U.
  • CS Laboratorio de análise e de control de calidade coa colaboración da Corporación Laber, laboratorio y consultoría, S.L.
  • CS Sistemas electrotécnicos e automatizados coa colaboración da cadea hotelera Arlea Hotels SLU (2º ano).

Este foi un dos temas tratados no programa de televisión española (La 2) "España en comunidad", dirixido e presentado por Marta Ventura.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao programa completo na súa ubicación orixinal.