Hidratación frecuente, crema de protección solar cun factor alto, gorra, lentes de sol e, ao terminar, unha boa ducha. Son as armas de Isolino Freire, de 64 anos, para traballar a pleno sol, como onte entre as tres (cando os termómetros marcaban 31 graos á sombra) e as sete da tarde.

Isolino é encargado de mantemento e xardineiro no CIFP Politécnico de Santiago e, agora que terminan as clases, ten máis tarefa. Onte, en Santiago, a calor pegou duro, pero Isolino Freire atopábase todo o cómodo que podía: "Eu paso calor, pero non estou asfixiado". Di que unha lixeira brisa fíxolle levadía a xornada laboral e sabe que este verán que vén anticipado haberá días máis atafegantes.

Fonte: La Voz de Galicia