Información Xeral

Información Xeral da Biblioteca do CIFP Politécnico de Santiago

HORARIO

A Biblioteca permanecerá aberta ininterrumpidamente entre as 8:30 e as 21:30. Asemade, dende o mes de outubro, o Coordinador da Biblioteca atenderá directamente as solicitudes dos usuarios no seguinte horario:

  • Luns de 10:30 h a 15:00 h
  • Martes de 15:00 h a 18:00 h
  • Mércores de 10:30 h a 14:00 h
  • Xoves  de 13:00 h a 14:00 h e de 15.00 h a 18.00 h
  • Venres de 10:30 h a 11:30 h

Nota: Solicita o teu pase de usuari@ premendo na seguinte ligazón.

INSTRUCIÓNS

Os usuarios da Biblioteca porán especial cuidado en non perturbar o estudio dos outros compañeiros. Así:

  1. Manterán riguroso silencio. Non está permitido o acceso a grupos; para facer traballo ou estudo en grupos utilizaranse as mesas de entrada á cafetería do centro.
  2. Non comerán nin beberán mentras estudian.

Poderán acceder directamente aos fondos bibliográficos dentro do horario do coordinador da Biblioteca. Fora deste horario, poderán solicitar o préstamo a domicilio ou a renovación destes a través da correspondente ligazón desta páxina web. Os fondos solicitados poderán recollerse na Conserxería, tras presentar o correspondente carné de usuario. Unha vez consultados, deberán devolverse tamén na Conserxería.

O alumnado matriculado en quenda de TARDE poderá botarlle unha ollada a un total de 6 exemplares que deberá solicitar previamente a través deste medio. Unha vez examinados os fondos poderá levar ao seu domicilio un máximo de 3 exemplares e deixar en Conserxería os que non lle interesen. Este sistema unicamente é de aplicación para o alumnado de tarde xa que non teñen acceso ao horario de préstamo directo de libros pola mañán.

Nota: Solicita o teu pase de usuari@ premendo na seguinte ligazón.

Falecemento de Neira Vilas

O escritor Xosé Neira Vilas faleceu a pasada noite na súa casa de Gres, en Vila de Cruces, á idade de 87 anos. A súa capela ardente quedou instalada en Santo Domingo de Bonaval entre os aplausos de admiradores do autor de Memorias dun Neno Labrego. Mañán será soterrado na súa vila natal.

Fonte: La Voz de Galicia

Günter Grass, Premio Nobel de Literatura, morre aos 87 anos

Escritor alemán, estaba internado nunha clínica en Lübeck. A súa primeira obra, 'O tambor' (1959), é best-seller mundial.

Día Internacional do libro

Durante a semana do 20 ao 24 de abril celebrarase neste Centro o día (semana neste caso) do libro.

A USC pon en marcha 'Prelo', novo servizo de préstamo de libros electrónicos

É un proxecto pioneiro na universidade española no que xunto á USC tamén participan as universidades de Burgos, Cádiz, Salamanca, León e Murcia.

Lingua de Namorar 2015

Para fomentar o uso da lingua galega entre a xuventude, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca a terceira edición do concurso en liña: lingua de namorar.

Poden participar mozos e mozas de 14 a 34 anos tendo de prazo para enviar as mensaxes de amor ata o domingo 22 de febreiro.

As bases do concurso atópanse nesta ligazón.

Día Escolar da non Violencia e da Paz

Mañá venres, 30 de xaneiro, tal e como recolle o calendario escolar, conmemórase o Día Escolar da non Violencia e da Paz, que coincide tamén co aniversario da morte de Mahatma Gandhi.

III Concurso de Relatos do Museo do Gas

O Museo do Gas da Fundación Gas Natural Fenosa convídavos a participar no seu III Concurso de Relatos.

A temática do relato é libre, pero o seu desenvolvemento incluirá elementos relacionados coa enerxía, o medio ambiente, a historia do gas e o patrimonio industrial.

Premiarase aos gañadores cun lector de libros electrónicos.

Preme sobre a seguinte ligazón para consultar as bases completas do concurso.

Calendario do Libro e da Lectura

Principais datas relacionadas coa lectura.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ao calendario.

Subscribirse a RSS - Información Xeral