Un ano mais nestas datas, e en nome de toda a dirección, quero aproveitar para desexarche unhas Moi Felices Festas e transmitirche os nosos desexos para o vindeiro 2018.
Mellora da eficiencia enerxética nos equipos de calefaccion eléctrica
En colaboración con ASINEC e coas empresas COMERCIAL CLIVEMA e GABARRÓN, o vindeiro xoves día 14 de 18:30 a 20:30 organízase no CIFP Politécnico de Santiago unha xornada técnica na que se trataran temas relacionados cos cambios normativos para a mellora da eficiencia enerxética dos equipos de calefaccion eléctrica.
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres
Con motivo da reivindicación do cese da violencia en contra das mulleres, no noso Centro tomamos unha postura activa e pedímoslle ao noso alumnado e persoal docente e non docente que colgara nos taboleiros do recibidor mensaxes en contra da violencia de xénero.
Notifícase aos participantes no club de lectura "Brétema" que reunirémonos na cafetería do centro o xoves, 21 de decembro, na hora da pausa (11:30 - 12:00). Trataremos a obra de banda deseñada "A la sombra del convoy" de Toussaint & Beroy.