Enerxías Renovables

O vindeiro mércores, 14 de xaneiro, terá lugar unha charla no noso centro sobre Enerxías Renovables, dentro do programa "A ponte entre o ensino medio e a Universidade de Santiago". Será impartida polo profesor de Física Aplicada da USC José Antonio Rodríguez Añón.

Preme sobre a seguinte ligazón para descargar o cartel da actividade.

Organizan os departamentos de Información e Orientación e o Equipo de Dinamización de Lingua Galega.

Día das Artes Galegas

A Real Academia Gallega de Bellas Artes, que ten a vocación de salvagardar o patrimonio cultural galego moble, inmoble e inmaterial, acaba de acordar a creación do Día das Artes Galegas para sensibilizar á sociedade do valor patrimonial da cultura da terra. A data escollida é o 1 de abril porque aparece no epígrafe das introducións do Pórtico da Gloria, un conxunto de obras dirixidas polo Mestre Mateo que reflicten todas as artes.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder á nova.

Manual de Linguaxe Inclusiva

Ferramenta destinada a facer comprender a importancia de usar a linguaxe dun xeito que represente mulleres e homes con simetría e precisión, propoñendo pautas concretas de actuación que poidan ser incorporadas facilmente aos hábitos cotiáns de comunicación.

Prema sobre a seguinte ligazón para acceder ao manual.

Calendario do Libro e da Lectura

Principais datas relacionadas coa lectura.

Preme sobre a seguinte ligazón para acceder ao calendario.

Convocatoria 2015 do proceso de Acreditación de Competencias

O venres 2 de xaneiro publicouse no DOG a Orde do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

O Consello Escolar destaca o vigor da FP en Galicia

Un informe do Consello Escolar do Estado sobre o estado do sistema educativo, correspondente ao curso 2012-2013, destaca o "alto grao de implicación" dos docentes galegos cos contratos-programa  impulsados pola Xunta para mellorar o rendimiento, a calidade e a equidade do sistema educativo, e o papel da rede de Centros Integrados de Formación Profesional (CIFP) como ferramenta de impulso a esta rama educativa.

El Correo Gallego, 8 de xaneiro de 2015

D3MOBILE METROLOGY WORLD LEAGUE

A Universidade de Santiago de Compostela organiza a terceira edición da D3MOBILE METROLOGY WORLD LEAGUE, un campionato científico internacional totalmente online e gratuito orientado a equipos de alumnos nados en 1997, 1998 e 1999 de calqueira centro educativo, liderados por un profesor.

Gañador da Cesta de Nadal

Xa temos gañador do sorteo da Cesta de Nadal

Sorteo da Cesta de Nadal

Hoxe venres, 19 de decembro, ás 12.00 horas, celebrouse o sorteo da Cesta de Nadal na cafetería do noso centro.

Resultou premiado o número: 0468

Lémbrase que a persoa agraciada deberá persoarse coa rifa correspondiente na cafetería do centro antes do luns, 22 de decembro, ás 12.00 horas.

Convocatoria 2015 do proceso de Acreditación de Competencias

Borrador da Orde do 16 de decembro de 2014 pola que se convoca o proceso de acredita­ción de competencias profesionais adquiridas a través da experiencia laboral, na Comunidade Autónoma de Galicia, en determinadas unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais.

Páxinas

Subscribirse a Fonte da páxina de inicio